Xuntanza en Vigo de CCOO, UGT, PCG, Esquerda Unida e XCG

Delegacións das cinco organizacións (CCOO, UGT, PCG, ESQUERDA UNIDA e XCG), reuníronse onte pola tarde en Vigo para tratar o tema da Folga Xeral convocada para o día 29 contra as políticas neoliberais.

De esquerda a dereita: Rubén Perez (PCG), Santi (UGT), Antonio Justo (UGT), Anxo (XCG), Cándido Pazó (CCOO), Román Alonso (EU), José Cameselle (CCOO) e Waldino Varela

As organizacións políticas ofreceron a súa colaboración nos traballos de preparación e desenvolvemento da Folga Xeral.

Todos coincidiron en que a Folga Xeral será un éxito, porque, pese ós continuos ataques ás centrais sindicais que dende os medios controlados polo capital se están a facer, percíbese que os traballadores e traballadoras están comprendendo a decisiva importancia desta xornada de loita, para revertir a reforma laboral aprobada polo PSOE, coa complicidade do PP e certos nacionalistas, e para frenar novos ataques xa anunciados contra o actual estado de protección social.

Onte, luns, ás 19:30 horas tivo lugar dita xuntanza na sede do PCG, e por iniciativa deste partido, con presencia das cinco organizacións encabezadas polos secretarios comarcais de CCOO, José Cameselle, e de UGT, Antonio Justo; polo secretario comarcal do PCG, Rubén Pérez, polo coordinador comarcal de EU, Román Alonso e polo secretario da XCG, Anxo Marcote.

Asistiron tamén outros directivos como Cándido Pazó (CCOO), Santi (UGT), Adrián (PCG), e o histórico dirixente obreiro Waldino Varela.

Esquerda Unida planea entrevistarse en días próximos  con outras  organizacións sindicais.

Gabinete de prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Comarcal de Esquerda Unida

Relacionados