XUNTANZA COORDINADORA LOCAL VIGO. 23.04.2024

Hoxe tivemos a xuntanza ordinaria da Coordinadora Local. Os temas que se trataron foron os seguintes:

Planificación da Asemblea Nacional para debate dos documentos federais.

A dinámica similar á que tivemos en Vigo o pasado sábado 13. Dará comezo coa votación da mesa que dirixirá o resto da asemblea, logo procederase á votación do documento que se debatirá, para posteriormente ir revisando unha a unha cada emenda.

Análise EU Muller Vigo (Instagram/Facebook)

As compañeiras de EU Muller Vigo compartiron a actualidade e os próximos pasos do feminismo vigués. Ademáis, fixeron fincapé en que este xoves será a concentración da Rede de Mulleres ás 20h no Marco.

Temas de índole municipal

Comentamos a actualidade viguesa e as diferentes manifestacións e concentracións desta e a próxima semana. Analizamos unha proposta de manifestación que se celebrará en novembro, quedamos en investigar aos organizadores para confirmar se a apoiamos. E por último, propúxose planificar a actualización do Programa Electoral para as próximas eleccións do 2027 e en cómo facer partícipe á cidadanía.

Recordámosche que a túa opinión é importante, non dubides en contactarnos ante calquera proposta ou idea que teñas.

O noso obxetivo é facer un Vigo mellor. A cidade que merecemos.

Relacionados