Este fin de semana celebrouse en Madrid a XIII Asamblea Federal de IU. Nela participaron 14 compañeiras e compañeiros da Federación Galega. En concreto, de Vigo asistiron a Eva e Juanjo, como natos da Coordinadora Nacional, e Teresa, Fiona, Geni e Guillermo como delegadas de Vigo.
Vigo ía moi ben representado como podedes comprobar 😊.
Nesta XIII Asamblea Federal de IU ratificouse a Antonio Maíllo coma o coordinador de Izquierda Unida. Forza nesta nova etapa, contas con toda a militancia para acabar os obxetivos marcados! ✊🔻
Deixamos a continuación algunhas fotografías. Destacamos que a compañeira Eva Solla defendeu algunhas emendas e tamén participou como ponente por ser a Coordinadora Nacional da Federación de Galicia, e tamén participou o compañeiro Guillermo, Coordinador Local de Vigo, para expoñer as emendas sobre medioambiente.