VOTAMOS CÓMO SERÁ A ESQUERDA DOS PRÓXIMOS 4 ANOS

Ainda que puido realizarse a votación telemática dende o pasado 7 ata o 9 de maio, a Coordinadora Federal de Izquierda Unida aprobou tamén que se poidese realizar a votación presencial un día entre o venres 10 e o domingo 12.

Dende a Coordinadora Local de Esquerda Unida Vigo decidiuse abrir a sede este sábado 11 de 10:00 a 14:00 para que a militancia que quixera exercer o seu dereito a voto de maneira presencial, poidese facelo.

Nesta ocasión votábamos o seguinte:

  • Candidatura para a próxima Coordinadora de Izquierda Unida.
  • O voto a favor ou en contra do Informe de Gestión 2021-2024.
  • O voto a favor ou en contra dos Estatutos de IU Federal.
  • O voto a favor ou en contra do Documento Político-Organizativo.

Izquierda Unida é un espazo político altamente democratizado, onde a militancia decide o futuro da organización. Esperamos que exerceses o teu dereito a votar de maneira telemática ou presencial, pronto coñeceremos os resultados da votación, e polo tanto, a Esquerda dos próximos 4 anos.

Saúde e República! ✊🔻

Relacionados