Esta semana almorzábamos en Vigo coa nova nos xornais de que o Lugar de Memoria do Castro de Vigo sufrira un acto de vandalizacion. Tanto o monolito en memoria das 136 persoas fusiladas nos muros do Castelo do Castro coma a casa da antena da radio foran pintadas con lemas da ultradereita franquista, símboloxia nazi e frases de enaltecimento a Hitler e ao holocausto.
Por isto, despois de publicar un vídeo nas nosas redes sociais sobre este Lugar de Memoria, podes velo en Instagram e Tiktok, queremos facer unha breve reflexión sobre que é o vandalismo sobre monumentos da Memoria, que significa, que perseguen e por que parece que están aumentando nos últimos tempos.
O vandalismo enténdese como toda acción violenta, destrucción, roubo e pintado, entre outras, que interveñen física e simbolóxicamente nun obxecto conmemorativo do espaço público para ocultar , silenzar ou subvertir o seu significado e imprimirlle outro significado radicalmente contrario.
Este típo de acción vandálicas impregnadas dun contido político intentan impoñer unha visiòn negativa e denostativa destes lugares para ensalzar unha memoria pro-dictadura.
Nos últimos anos este tipo de de actos va en aumento o que nos sitúa ante a presenza dunha memoria que valora o uso da forza frente ao diálogo democrático e promove figuras autoritarias.
Destas accions podemos entender que os ataques aos monumentos de Memoria Històrica dan conta non só dun conflicto da Memoria , se non, dun avance dunha memoria històrica tòxica , que pon en risco os avances, para moitos de nos ainda febles, da sociedade española en materia de reparación, justicia e na promociòn dunha cultura de dereitos humanos e tolerancia.
As pintadas do Castro foron borradas con premura despois da denuncia nos medios e no pleno do Concello, pero Esquerda Unida de Vigo tamén esixe por parte do Concello a denuncia destes actos a identificación dos culpables e que estes respondan ante a xustiza por estes actos delictivos.