Esquerda Unida,a través do seu coordenador local de Vigo Rubén Pérez e de Eva Solla, responsable de organización, estivo hoxe presente no pleno do Concello comprobando efectivamente as deficiencias en canto a espacio para o público que deberían facer reflexionar á corporación da necesidade de realizar o futuros plenos no auditorio, dando máis espacio ao público, ante a evidente demanda de asistencia.
Igualmente EU valora como indispensable que en todos os plenos exista un punto da orde do día que contemple a intervención de colectivos e asociacións que así o demanden evitando os recentes problemas que a negativa á darlle voz xenerou na nosa cidade.
Esquerda Unida olla con profunda preocupación o que está a acontecer no movemento veciñal na nosa cidade donde inxerencias políticas e intereses alonxados do activismo veciñal están a fracturar o movemento asociativo creando conflictos en barrios e asociacións. Lamenta profundamente que teña que ser o pleno o que reuna a colectivos enfrontados como a AAVV de Lavadores e a Asociación de Maiores Vilagalicia.
Esquerda Unida considera que os tres partidos presentes na corporación enzárzanse de xeito estéril na pelexa por descalificar ás administracións nas que non gobernan, creando un sempiterno debate sen solucións entre competencias, gobernos pasados e amosando unha pouca predisposición a que na necesaria colaboración entre institucións sexa leal e de acordo coas competencias legalmente asumidas por cada administración.
Este debate, en ocasións case descalificativo no personal, leva a feitos tan curiosos como que o PP e o PSOE, partidos que pactaron a reforma constitucional que consagra a política de recortes no gasto público, teñan unha loita en acusarse mutuamente de recortar os servicios que cada un xestiona na administración que controla. Este debate trasládase incluso a mocións nas que se defenden cousas que os mesmos partidos non levan a cabo noutras administracións semellantes. Para EU é bastante significativo que neste pleno o PP levara unha moción pedindo ao goberno central o aseguramento da cobertura sanitaria cando en comunidades donde gobernan fan políticas totalmente diverxentes de esta teoría.
ESQUERDA UNIDA lamenta profundamente que un convenio como o que o concello e a AAVV de Teis levaban xestionando de xeito normalizado dende anos, signifique o fin da xestión veciñal do Centro Cívico de Teis e o despedimento de 3 traballadores no mesmo, polo que solicita que se asine un novo convenio para 2012 e se peche a porta á privatización da xestión do centro cívico do barrio vigués.