Dende ESQUERDA UNIDA valoramos como un éxito importante a manifestación de onte, para exixir a posta en marcha do novo hospital e para que este sexa de titularidade pública na súa titularidade, fronte á proposta privatizadora do PP.
Valoramos moi positivamente o esforzo que por nosa parte fixemos a favor desta manifestación conxuntamente cos sindicatos de clase, nunha campaña que incluío o reparto de miles de octavillas na cidade e nos concellos da comarca.
Consideramos lamentable o papel do PSOE e BNG que, sen facer un esforzo real de convocatoria, dábanse logo de codazos os seus líderes por aparecer na pancarta de cabeceira. Denunciamos o cinismo destes dous partidos, que privatizan todo e que poden nos concellos onde gobernan, que privatizaron múltiples servcios mentras gobernaron na Xunta e que apúntase ó carácter público desete novo hospital, agora que están na oposición.
Secretaría de comunicación