A Agrupación Comarcal de Esquerda Unida Vigo iniciará este venres 23 unha campaña informativa de información e mobilización á cidadanía de toda a área sanitaria viguesa, en contra dos plans privatizadores da Consellería de Sanidade, do novo hospital de Vigo.
O venres a Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, e voceira de Esquerda Unida no Concello de Ferrol estará en Vigo para levar a cabo unha rolda de prensa de presentación desta campaña de mobilización.
Na mesma a política ferrolá pedirá o apoio masivo da cidadanía viguesa á mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do vindeiro venres 29 de outubro (que sairá do cruce de Urzáiz e Gran Vía ás 20:00 Hs).
A campaña deseñada pola Agrupación Comarcal de EU consistirá no reparto de octavillas informativas nos concellos de Vigo, Porriño, Redondela e Ponteareas, así coma na pegada de cartaces convocano á gran manifestación do día 29.
EN DEFENSA DO PÚBLICO!
POR UNHA BANCA PÚBLICA!
MAIS IMPOSTOS PARA OS RICOS E MENOS IMPOSTOS PARA A CLASE OBREIRA!
POR UNHA MOBILIZACIÓN MASIVA DA CIDADE DE VIGO O DÍA 29 EN DEFENSA DUN HOSPITAL 100% PÚBLICO!