SOLUCIÓN XA PARA XS TRABALLADORXS DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE VIGO

Hoxe poideron achegarse as compañeiras Fiona e Mabel á concentración das traballadoras dos Servizos Sociais do Concello de Vigo. Esta concentración foi a última de 5 concentracións en diferentes puntos da cidade.

Demandan contratación de persoal para mellorar a atención cidadá. Actualmente dispoñen de 1 persoa especializada en servizos sociais por cada 17.000 habitantes, sendo a referencia 1 por cada 8.000 habitantes. Tamén remarcan a falta de persoal administrativo, actualmente so son 4 persoas, totalmente insuficiente para a carga de expedientes que deben tramitar, ademáis de limitar a dispoñibilidade para atención telefónica cidadá. Neste intre, as citas dispoñibles atópanse a partir de xullo.

Os Servizos Sociais deben poder atender ás persoas solicitantes nun prazo axustado, posto que se trata de persoas en risco de exclusión social, con problemas económicos e dependentes. Dende Esquerda Unida Vigo valoramos a situación actual dos Servizos Sociais no Concello de Vigo totalmente inaceptable e instamos ao actual goberno do Concello a que propoña solucións urxentes a curto prazo, e a medio e longo prazo.

Ademáis, en cada concentración recollen firmas cidadás para o apoio da súa causa. En Esquerda Unida Vigo temos o modelo de firma para facilitar o apoio da militancia e simpatizantes. Se tes interese en apoiar a causa, non dubides en escribirnos ao correo eu-vigo@esquerdaunida.org ou por Whatsapp/Telegram no 698179943.

A continuación achegámosche o seu manifesto:

Relacionados