Rubén Pérez traslada a CCOO PSA Vigo que non permitirá a chantaxe da planta á cidade e aos traballadores

O candidato de EU considera que a implantación do modelo do actual director Pierre Anni o sistema LEAN ten que ser combatido dende dentro e dende fóra da planta. Vigo non pode permitir que a súa cidadanía se convirta en “semiesclavos” dun modelo de producción asiático e perigoso en materia socio-laboral. Rubén Pérez, candidato de ESQUERDA UNIDA á alcaldía de Vigo mantivo onte unha xuntanza coa sección sindical de CCOO en PSA PEUGEOT-CITROEN para dar traslado do apoio de EU ao traballo dos compañeiros e compañeiras de CCOO ante a escalada de presión e abusos da dirección da empresa sobre a plantilla.

Rubén Pérez suliñou a necesidade de abortar de raíz o intento da dirección de Citröen de empregar un modelo avanzado do sistema de fabricación LEAN e o control do asentismo como instrumentos de coacción laboral, feito que sistemáticamente prodúcese nos centros productivos que asumen este criterio de organización industrial.

Padro Comesaña, da sección sindical de CCOO informou do expedente aberto a varios traballadores por denunciar a situación preocupante de falla seguridade e hixiene laboral nos centros de pintura, feito que a pesar de demostrarse real, non impediu que a empresa abrira o devantido expediente, nun claro xesto de evitar que a conflictividade e a situación de presión que vive a plantilla de PSA sexa pública e coñecida por toda a cidade. Rubén Pérez anunciou que de seguir adiante o expediente o deputado Gaspar Llamazares formulará una pregunta parlamentaria dirixida ao ministro de traballo sobre a situación na que traballan os turnos laborais da planta viguesa.

Tanto CCOO de PSA como ESQUERDA UNIDA suliñaron que non poden ser os traballadores e traballadoras de PSA os que paguen a crise, recordaron que a planta non contrata plantilla dende fai dous anos e medio, sigue un constante goteo de despidos encubertos o que fai que a actual plantilla da planta esté nos mínimos históricos, mentres o grupo PSA anunciou que no 2010 tivo un beneficio por enriba dos 1400 millóns de euros

Rubén Pérez igualmente deu traslado das preguntas formuladas por ESQUERDA UNIDA no Parlamento sobre as axudas públicas ao grupo PSA e que ascenden a un montante de 210 millóns de euros dende 2008 non estando ningunha delas condicionadas ao mantemento de emprego, feito que para ESQUERDA UNIDA é lamentable e demostración dun goberno que defende á patronal e non aos traballadores.

Relacionados