RUBÉN PÉREZ (EU): QUE SE PRORROGUE Á CONCESIÓN A AQUALIA A CAMBIO DE INVERSIÓN EN OBRA PÚBLICA É INDIGNANTE. A APERTURA DUN NOVO CONCURSO PÚBLICO É IMPRESCINDIBLE PARA GARANTIR UN SERVICIO DE AUGA E SANEAMENTO SOSTIBLE, PÚBLICO E SOCIAL

ESQUERDA UNIDA di que unha prórroga dunha concesión que consagra tramos de consumo intolerables para as economías familiares é unha noticia negativa ao tempo que estudará a legalidade de dita prórroga”.

Para EU os incrementos de tarifas dende a privatización do servicio nos 90 foron monumentais, sobre todo nunha cidade donde a maioría das familias consume realmente menos de eses 30 metros cúbicos fixo de agua que se aplica ao primeiro tramo da tarifa. Igualmente a excusa da empresa do agotamento das inversións recollidas no plego fai que dende anos non se melloren acometidas e se mellore a rede ante a indiferencia cómplice das corporacións que fóronse sucedendo con maiorías do PSOE, BNG e PP.

Para EU, a finalización da concesión de AQUALIA é un momento idóneo para plantexar a volta a unha EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS e evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva. Consideraos que é necesario un novo modelo de xestión que incentive o aforro no uso doméstico, de servicios e industrial, que obrigue ás industrias á depuración selectiva das súas augas residuais e a reciclalas correctamente, que obrigue a reutilizar a auga depurada na EDAR, aireada e saneada, para usos de xardiñería e limpeza de rúas.

Para o coordenador local de EU, Rubén Pérez. “Non podemos permitir que unha empresa privada siga empregando as malas decisións políticas: privatizacións, plegos con cláusulas desventaxosas para o Concello…. como escudo para enriquecerse á costa dun dereito como é a auga, un dereito que ten que ser, como tal, público e que busque a xustiza impositiva na sua sustentabilidade económica”.

Relacionados