EU considera que as prácticas propagandísticas e o autobombo non poden agochar unha realidade de auténtica opacidade en actuacións como o plan de emprego e a súa convocatoria ou mesmo adxudicacións de servicios municipais e mesmo ampliacións de contratas que non se corresponden co interés da cidadanía de Vigo.
Esquerda Unida considera que a “igualdade de oportunidades” dos vigueses e viguesas ao acceso aos empregos contidos no plan de emprego, o control do gasto fóra dos capítulos específicos do orzamento e o control público dos servicios en mans de empresas privadas son as dúas grandes asignaturas pendentes de “un goberno municipal que se dí progresista”
Considera que o PSOE actuou con “absoluta deslealtade” ao grupo que o apoiou en varios orzamentos e decisións plenarias, o BNG, polo que considera que de xeito lexímitimo que éste poida tomar a decisión de deixar de apoiar futuros orzamentos.
EU considera igualmente que o PP practicou de xeito temerario a política de “terra queimada” sobre unha cidade que, sacrifican en canto a inversións da Xunta e da Diputación, ao non ter o color político que eles queren. Lembra que o PP está suxeito tamén a un programa electoral que deixaba claro as apostas por servizos e atribucións administrativas concretas na cidade de Vigo.
ESQUERDA UNIDA considera que este goberno non está lexitimado para chamarse “progresista”, nun tempo no que o Concello aparece como unha especie de “institución caritativa” en vez de un suxeito garante da prestación de servicios en base ao criterio de igualdade, nivel de renta e mesmo prioridade social.
EU considera que “as cortinas de fume” sobre Peinador, nunha cidade donde os precios dos billetes aéreos xa é algo prohibitivo para á maioría social, esconde un problema real de nefasta xestión das infraestructuras aeroportuarias dos sucesivos gobernos do PP e do PSOE, máis enfrascados en inagurar terminais arquitectónicamente opulentas que en establecer un criterio de organización das infraestructuras e mesmo de garantir o control público dos axentes que actúan sobre os custes dos transportes aeroportuarios; tasas, iva e mesmo titularidade pública ou privada dos operadores como AENA e mesmo a privatización de IBERIA que eliminou o criterio de “servicio público” dos traxectos hoxe aínda vixente (aínda que en acoso e derribo) en operadores públicos como RENFE.