RUBÉN PÉREZ (EU): APOSTAMOS POR UN MODELO INTEGRADOR (NON DE SUMISIÓN CULTURAL) E POLA INTERCULTURALIDADE NO TEMA DA MIGRACIÓN

Rubén Pérez, nº 1 da candidatura de EU ao Congreso dos Deputados por Pontevedra,  considera que a inmigración debe abordarse como un feito estrutural que transforma e enriquece á sociedade receptora, o que implica o necesario desenvolvemento dun conxunto de políticas orientadas cara unha cidadanía baseada nos principios de universalidade dos dereitos humáns e da interculturalidade.

 Esquerda Unida aboga por garantizar e mellorar os dereitos dos migrantes e asegurar o seu cumprimento, para EU no ámbito da Unión Europea carécese dunha política real de inmigración común. Esta serviu prioritariamente para adoptar medidas de control e selección dos desprazamentos migratorios, a extranxería e o blindaxe das fronteiras comúns, todas elas cun claro carácter represivo e egoísta, como o bloqueo de calquera tipo de inmigración que non sexa de carácter laboral ou unha Lei de Extranjería española inxusta e inmoral.

 Entre outras medidas, EU propón : 

–          Respecto e a aplicación dos tratados internacionais de dereitos humán e de loita contra o racismo e a xenofobia.

–          Rechazo das medidas ou instrumentos que tendan a impedir o dereito a emigrar consagrado na Declaración Universal dos Dereitos Humáns.

–          Modificacións lexislativas en materia de estranxeiría e asilo: Lei de dereitos e liberdades dos Extranxeiros  en España que derogue a actualmente en vigor e a eliminación da sanción de expulsión pola simple estancia irregular.

–          Peche dos Centros de Internamento para Extranxeiros.

–          Reforzo dos instrumentos de loita contra a explotación laboral, o tráfico e a trata.

–          Garantir a acollida e tutela de menores estranxeiros non acompañados ou en desamparo.

–          Acceso pleno das mulleres inmigrantes ás medidas e plans de protección contra o maltrato e a violencia de xénero (trata e prostitución)

–          Potenciar o asociacionismo de emigrantes e retornados.

 

Relacionados