RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): “VIGO NECESITA QUE OS ACCIONISTAS QUE ENTREN EN BARRERAS VEÑAN A CONSTRUIR BARCOS NON A AVENTURAS INMOBILIARIAS OU DAR SAÍDA PRODUCTIVA AO SEU CAPITAL EN OPERACIÓNS ESPECULATIVAS”

O coordenador local de EU considera que a entrada de novos accionistas nun asteleiro sen carga de traballo non asegura o futuro do mesmo sen garantías de que o interés dos mesmos non é especular inmobiliariamente con terrenos da empresa ou inversións mediante sociedades de capital risco ou semellantes.

Esquerda Unida de Vigo defende que as axudas públicas ou as quitas de débeda queden supeditadas a un control e auditoria das administracións públicas sobre dividendos e destino final dos ingresos do asteleiro. Do contrario, suliña o coordenador local de EU, estaremos ante un novo buraco financeiro, unha nova asfixia dos proveedores e unha incertidume da plantilla.

EU lamenta que dende xullo de 2011 o asteleiro vigués sigue sen carga de traballo, cun bloqueo orquestado polo PP e PSOE e a comisión europea do TAX LEASE ou outras fórmulas de financiación da construcción naval e cun contínuo baile de anuncios e contraanuncios que está desesperando á plantilla e as das empresas auxiliares.

EU de Vigo lembra que na axenda de algún novo (e vello) accionista está a recalificación de miles de metros cadrados de espacio industrial que o asteleiro posee dende vello, cousa que debería quedar definitivamente prohibida no PXOM vigués que para EU debe impedir, como así o ten conquerido IU en Xixón ou Sevilla, que os espacios industriais navais poidan convertirse en espacios inmobiliarios especulativos.

EU demandará de novo a través do seu eurodeputado Willy Meyer a axilidade da solución do TAX LEASE antes de fin de ano para evitar que a construcción de buques nos que Barreras é unha empresa punteira, sigan sendo derivados para países da UE e fóra da UE de xeito sistemático

Relacionados