EU PIDE QUE SE FAGA PÚBLICO O CUSTE DO TRASLADO E ONDE FIGURA O CONCURSO PÚBLICO DO CONTRATO DO MESMO.
O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que o traslado do barco fronte a un acordo plenario, amosa un comportamento antidemocrático e que roza o “delirio de grandeza” do alcalde.
EU pide que se explique públicamente como e cando se procedeu a contratar un traslado destas características, e o custe total de todo o proceso de instalación, dende a vixilancia do recinto, a reparación final do barco, a estructura metálica de soporte e o propio traslado.
ESQUERDA UNIDA sigue a defender que o barco e gran parte da memoria histórica pesqueira de Vigo ten que configurarse nun espacio do Museo do Mar, adicado a pesca e a industria transformadora que un día foi a carta de presentación da nosa cidade ante o mundo. Encallalo nunha rotonda, constitúe cando menos unha excentricidade costosa e inutil.