RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA) CONSIDERA CURIOSA A AMEAZA XUDICIAL DE VITRASA A CIDADE XUSTO CANDO EMPEZA A MOVERSE DE NOVO A IDEA DE TRANSPORTE METROPOLITANO

vitrasaEU defende unha auditoria total á concesionaria e ao plego de concesión asinado no seu día e considera que varios factores que inciden no prezo do billete e no deseño de liñas está auténticamente desfasados. Amortizar no custo do billete autobuses que xa non se mercan senón son renting é un auténtico disparate: suliña o coordenador local de EU Rubén Pérez.

Vigo é perfectamente capaz por extensión poboacional e territorial de crear unha empresa pública municipal de transporte unha vez remate a concesión ou mesmo artellar, se non existe o actual bloqueo dende varias institucións implicadas, un consorcio metropolitano de transportes como funciona nas grandes urbes do estado español.

EU considera que Vitrasa aduce motivos auténticamente disparatados xa que existen numerosas compensacións en canto a rutas no rural, cobertura e ratios de horarios, etc… que compensan con creces o importe dos billetes de transferencia gratuitos. Curiosamente a concesionaria pasa á ofensiva cando quedan poucos anos para a renovación da mesma, empregando a mesma táctica que Aqualia e outras concesións públicas que “xestionan os servizos públicos como señoritos de contijo andaluz”

EU non entende como cidades como Xixón con aportacións dos orzamentos municipais dunha media de 9 millóns de euros anuais xestionan un transporte público 100×100, con criterios sociais, prezos de 0,7 euros billete a menores de 26 anos e billetes gratuitos para desempregados e desempregadas e en Vigo, cidade parecida en indicadores económicos, demográficos e territoriais ten que estar sempre condicionada ao interés particular de VITRASA e o grupo propietario da empresa.

Relacionados