RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): AS BASES REGULADORAS DO PLAN DE EMPREGO SON UNHA TOMADURA DE PELO ABSOLUTO E SEGUEN SEN DEIXAR CLARO A TRANSPARENCIA NO PROCESO DE CONTRATACIÓN DOS POSTOS LABORAIS.

EU denuncia que en ningún parrafo se esixe un proceso de contratación transparente ás organizacións destinatarias e lembra que, poñelo nunha web e recibir curriculums non garantiza que todos teñamos o mesmo nivel de acceso e oportunades ao posto de traballo que esta sendo financiado con cartos públicos.

EU considera que o Concello ten que habilitar un tribunal de contratación que bareme puntacións, méritos e capacidades, e mesmo proba teórico-práctica ao que obligatoriamente recurran as asociacións que obteñan subvención do plan de emprego.

A pesar de desaparecer a figura do convenio para unha parte importante dos recursos do Plan de Emprego o certo é que a arbitrariedade na contratación segue estando presente. Parece, engade Rubén Pérez, “que alguén segue sen entender que o problema está en que “amigos, primos e cuñados” poden obter os postos de traballo sobre a inmensa maioria dos desempregados inscritos nos servicios públicos de emprego. Que unha oferta seña publicitada pero non se estableza como será o proceso de contratación (que para EU ten que ser igual que na administración pública) non supón máis que habilitar unha pantalla ante política clientelares

EU non entende igualmente por que un dos requisitos para obter subvención do plan de emprego é “xustificar axudas neste área na convocatoria anterior” cando as axudas na convocatoria de 2012 eran a todas luces, recoñecido polos propios informes municipais, non recomendadas ao realizarse mediante convenios e non oferta pública.

Igualmente non entende porque somentes existen 10 días para presentar solicitudes por parte das asociacións, cando non existe urxencia tal unha vez orzamentada a partida para este Plan.

EU defende que o 100×100 dos recursos económicos do Plan señan consignados mediante fórmula de convocatoria pública eliminando a figura dos convenios con entidades.

Relacionados