ESQUERDA UNIDA APOIA A MOBILIZACIÓN DE HOXE EN VIGO CONVOCADA POLA ASEMBLEA REPUBLICANA ANTE O ANUNCIO DE ABDICACIÓN DE JUAN CARLOS I
Esquerda Unida de Vigo considera que Vigo ten que ser un dos referententes de mobilización popular pola III República ante a oportunidade que temos de trocar o réxime obsoleto da monarquía e traer unha República que además mude o modelo económico, social e político que xenerou a transición.
O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez, a deputada de AGE Eva Solla e militantes e simpatizantes de EU participarán hoxe na concentración que ás 20 horas reclamará unha República enfronte do MARCO de Vigo.
EU de Vigo considera que vivimos un momento histórico para derrubar o réxime e abrir un novo proceso constituínte.
SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU VIGO