RUBÉN PÉREZ ENCABEZARÁ A CANDIDATURA PROVINCIAL DE ESQUERDA UNIDA

A convención provincial de ESQUERDA UNIDA acordou hoxe en Vigo presentar como cabeza de lista para as vindeiras eleccións xerais a Rubén Pérez Correa, actual coordinador local en Vigo, membro do Comité Federal do PCE. Licenciado
en Historia, traballa actualmente nunha empresa de informática. As candidaturas ó Congreso e Senado aprobadas supoñen unha renovación do 80% respecto das pasadas eleccións, cunha ampla participación da mocidade.

O acto iniciouse cunha asemblea aberta, na que un 50% dos asistentes eran persoas non afiliadas e na que se debateron as 25 prioridades programáticas que ESQUERDA UNIDA defenderá conxuntamente cos participantes na Convocatoria
Social iniciada en todo o estado.

Rubén Pérez Correa (Candidato de EU pola provincia de Pontevedra)

Na súa intervención Rubén destacou que EU aporta a posibilidade ilusionante de poder seguir votando á esquerda; aporta firmeza na construción dunha barreira contra a agresión ó emprego e ós servizos sociais; aporta coherencia entre o que se di e o que se fai; aporta solvencia na alternativa, para combater a resignación.

Chamou a mobilización para unha saída da crisis que se faga tendo en conta ás persoas e non os poderes financieiros, chamados mercados.

Un sentir maioritario da Convención foi a aposta pola Convocatoria Social como método de construción e participación dende abaixo.

Relacionados