Rubén Pérez Correa encabezará a lista de Esquerda Unida en Vigo nas municipais do 2011

 

Esq. a der.: María Luisa Fernández (candidata 2007), Rubén Pérez (candidato 2011), Eva Solla (CPL de EU)

O actual coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez será o cabeza de lista da formación de esquerdas para enfrontar ás municipais do ano que ven según o acordo do Consello Político Local desta organización.

Rubén Pérez, de 33 anos é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Membro do Consello Político Nacional de ESQUERDA UNIDA, e tamén membro do Comité Federal do Partido Comunista de España e do comité executivo do Partido Comunista de Galicia.  Dende este ano é secretario de organización do PCG.

 

Actualmente traballa nunha compañía de servicios informáticos na cidade de Vigo e é delegado sindical de CCOO na Federación de Industria. E ademáis o delegado en Vigo da ONGD OSPAAAL (Organización de Solidariedade cos pobos de Africa Asia e América Latina)

 

Coa candidatura de Rubén Pérez ESQUERDA UNIDA tenta que a voz dos traballadores e das traballadoras que se mobilizaron este 29S, a dos mozos e mozas precarios e precarias entre no Concello para defender políticas alternativas, anticapitalistas e democráticas nunha tesitura económica e social que fai imprencindible a presencia dos homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA nas institucións.

 

O candidato de ESQUERDA UNIDA suliñou que “nestes anos, dende a desaparición do PCG do panorama institucional do Concello de Vigo , a clase traballadora viguesa botou en falla unha voz que defendera os seus intereses en momentos decisivos, ante as privatizacións que gobernos de un e outra cor levaron a cabo, ante conflictos laborais nos que o concello tiña que actúar codo con codo coa cidadanía asalariada. A percepción da cidadanía de que todos os partidos políticos son iguais é froito de que non existíu unha alternativa, senón unha alternancia de forzas políticas.”


Engadíu que “Se pode facer outra política, e se pode facer política DE ESQUERDAS, dende o compromiso con políticas anticapitalistas, antiespeculativas e co horizonte da construcción do socialismo. Queremos desterrar a teoría de que ideoloxia e municipalismo non son concurrentes.”

Biografía candidato

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida

Relacionados