Rubén Pérez, candidato de Esquerda Unida por Vigo, considera surrealista que PP e PSOE se enroquen no espectáculo de ver que despilfarrou máis no seu mandato.

Para ESQUERDA UNIDA é tan pouco ético comprar una mesa por 1000 euros para un despacho como tirar miles de euros en coxíns e axendas.

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo dí que á cidadanía intelixente lle parece increible e bochornosa a apertura ao público do despacho da alcaldía da rúa Oporto xa que non supón ninguna novedade saber que os sucesivos gobernos de PP, PSOE e BNG fixeron da política do despilfarro en autobombo e proxectos ridículos o “pan seu de cada día”

Rubén Pérez recorda os miles de euros despilafarrados en presentacións de proxectos que nunca se levaron a cabo: Proxecto Nouvel, proxecto Moneo para o novo concello, proxecto do novo Balaidos… que tiveron uns estudios previos dun custe elevado e que somentes serviron para que o concelleiro ou concelleira de turno fixera a roda de prensa e tivera os seus minutos de gloria. Igualmente brindis ao sol como a universiada supuxeron un desenvolso de miles de euros para as arcas municipais nun tempo no que a cidadanía xa empezaba a notar os efectos da recesión económica.

ESQUERDA UNIDA defenderá reducir nun 70% os gastos de protocolo e de representación corporativa e considera que os concellos deberían ser auditados polo tribunal de contas por todos eses miles de euros que se comprometen a proxectos de dubidosa realización real así como controlar o uso partidista da administración local mediante a erradicación do gasto protocolario, de comunicación e de representación que no Concello de Vigo ten asignado nos orzamentos de 2011 un total de 658.000 directos e moitos máis camuflados noutras partidas orzamentarias

ESQUERDA UNIDA defende igualmente que o desglose de gasto por partida concreta e proveedor ao que se contratou sexa publicado na web do concello de Vigo xa que todos os vigueses e viguesas queremos saber canto custa levar a centos de persoas a ver un partido do Celta, repartir miles de coxíns nas rúas ou canto nos costa rotular media cidade co logo non institucional de Alcaldía. Sen transparencia, recorda Rubén Pérez, non hai esquerda nin progresismo nas políticas que fan os gobernos municipais.

Relacionados