RUBÉN PÉREZ “ASUSTA SABER QUE OS ASTELEIROS QUE UNHA VEZ FORON PÚBLICOS ESTÁN EN MANS DE IMPROVISADORES E ESPECULADORES INMOBILIARIOS”

O coordenador local EU considera lamentable que un ano despois as solucións que oaccionariado plantexa para o futuro e viabilidade do asteleiro privatizado Barreras sexa recalificar terreno industrial e despedir á traballadores e traballadoras. Para EU un instrumento tan importante para a creación de emprego na cidade ten que, pola vía dos feitos, sacarse de mans que so entenden a empresa como un xeito de repartir dividendos accionariais. Como pode ser que unha empresa con medias de facturación anuais de máis de 309 millóns de euros en épocas de bonanza teña un capital social de 12 millóns de euros; cuestionase o coordenador local de EU

Outra vez a táboa de salvación do asteleiro para os accionistas é a recalificación industrial dos terrenos de Tomás Alonso, outra vez como tantas veces nesta cidade, o terreno industrial actúa como moeda de troco. EU considera que a Xunta e o goberno central a través de PYMAR teñen que entrar con capital e polo tanto con control público nos consellos de administración no asteleiro Barreras. De producirse finalmente aquita da débeda do 80% cos proveedores co mesmo sistema no que moitas subcontratas son participadas por propios accionistas do asteleiro que facturan horas e traballos ao mesmo “a precio de ouro” en pouco tempo voltaríamos a ter un asteleiro descapitalizado.

O coordenador local de EU Rubén Pérez lembra que parece que algúns non teñen “memoria recente” de cómo as aventuras especulativas dinamitaron industrias como GEA ou máis recentemente Alfageme.Para o coordenador de EU en Vigo se a recalificación de parte dos terrenos do asteleiro é a única solución que aportan os donos e directivos de Barreras deberían abandonar o sector por manifesta incapacidade empresarial.

EU considera que a solución do tax-lease é unha parte importante da solución, pero non a única. Seguirá defendendo a nacionalización do asteleiro, o control público da inversión pública e sobre todo a creación de emprego estable no sector.

Relacionados