O coordenador local de EU valorou hoxe o acontecido no pleno do Concello de Vigo en torno á modificación tarifaria do servizo de auga e saneamento como a plasmación da evidencia de que Aqualia ten tan “atados en corto” aos tres grupos municipais do concello que pódese permitir a aprobación por terceira vez dunha moción sobre a modificación tarifaria e imcumplirse reiteradamente.
Lembra que o BNG circunscribía o seu apoio aos orzamentos a que esta modicación tarifaria fora realizada. Aqualia sigue cobrando 30 metros cúbicos de mínimo tal e como di un plego concesional que de forma unilateral foi prorrogado durante 5 anos máis pola xunta de goberno local e que o PP cando gobernou nin moveu un dedo para modificar esta situación.
EU valora que o pleno do Concello transcurrise sen incidentes pero lembra que ningún dos conflictos que xeneraron os conflictos anteriores está solucionado por parte da corporación local, especialmente o conflicto laboral no IMD e en LINORSA que ameazan de xeito importante a servicios públicos.
EU considera perigoso o discurso esgrimido polo PSdG de enfrontar a Vigo con Ferrol no tocante aos contratos para a construcción dos floteis de PEMEX é precisamente o que busca o PPdG, deberían escoitar aos traballadores do sector que aportan propostas van en demandar a función de avalista da Xunta e de que cada cidade constrúa un barco. EU considera que os actuais accionistas de Barreras non ofrecen solvencia para ser avalados sen a actuación decidida dos poderes públicos.
Igualmente EU considera que os datos de tesoreiria e estado de débeda do Concello non poden caer no triunfalismo eximido pola concelleira. O ano 2013 será un ano de fortes recortes das trasferencias de goberno central e Xunta ao concello, con caídas dos impostos sobre consumos que actuaban nas mesmas, polo que este concello ten que afrontar un serio traballo de contención do gasto supérfluo e de activar a vía dos ingresos mediante o control real dos servizos que prestan as concesionarias ás que este ano imos dar varios millóns de euros en compensación de servicios (bonobus, billete de transferencia,….).
EU considera igualmente que o acceso aos plenos sigue estando veladamente limitado, agora coa figura dos “grupos invitados”, xeneralmente estudantes, aos que se lle dan 30 ou 40 das plazas adicadas ao público independientemente da xente que está na cola de acceso. Seguiremos reclamando, engadíu Rubén Pérez, que o pleno celébrese no auditorio municipal como en lexislaturas pasadas.