RUBÉN PÉREZ: A PRÓRROGA DOS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE VIGO PARA O 2012 AMOSAN QUE A PROPOSTA ANTERIOR ERA UN “BRINDE AO SOL”

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA valorou hoxe a “retirada de novos orzamentos para 2012” e prórroga dos de 2011 como o “esperable” ante o feito de que a propia FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) ten informado nunha circular aos concellos que ao producirse unha prórroga da Lei 39/2010 de decembro de Orzamentos Xerais do Estado a partir do 1 de xaneiro de 2012 vai ser dificil elaborar un orzamento a primeiros de ano.

Para Rubén Pérez as medidas aprobadas en Consello de Ministros o pasado 30 de decembro actuán de xeito negativo no desenvolvemento de servicios e inversións ás entidades locais, polo que un Concello como o de Vigo debería artellar dende xa unha política impositiva xusta en base ao criterio “quen máis ten máis paga” e unha política de gasto que erradique prácticas populistas como as obras públicas ornamentarias en tempos nos que as obras públicas necesarias (sistema de saneamento, rúas accesibles, alumeado, etc… sufren un deterioro evidente).

Rubén Pérez valora como perigoso incrementos indiscriminados no IBI para 2012 e 2013 que en Vigo afectarán á práctica totalidade dos inmobles en vez de facer valer o acordo do Congreso dos Deputados de gravar ás vivendas desocupadas con recargos do IBI de ate o 100%.

Prorrogar o orzamento, para Rubén Pérez, non asegura que se poidan seguir dando os servicios ou levando a cabo as inversións acordadas xa que a propia FEMP asegura que no capítulo de trasferencias do Estado ás entidades locais (cesión de porcentaxe do IRPF, IVA e impostos especiais) remítese ao que acorde a futura Lei Reguladora de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2012 que para EU será, evidentemente, basada en recortes orzamrntarios.

Igualmente EU considera grave que a proposta do goberno permita aos concellos o mantemento do gasto de personal en canto a altos cargos e “conxele” a oferta de emprego público municipal.

Relacionados