[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=iUn4w_tHtdo&hl=es_ES&fs=1&]
ESQUERDA UNIDA renova en Vigo a súa direccióncomarcal nunha asembleacongresualcon participaciónde numerosos colectivos sociais e persoas a título individual. A coordinadora nacional, Yolanda Díaz, desprazouse a Vigo para animar o proceso de refundación no que EU se atopa inmerso e apoiar as mobilizacións sindicais do día 2 contra a reforma das pensións.
A Asemblea Comarcal de ESQUERDA UNIDA (EU) reunida este sábado, día 20, elixíu un novo Consello Comarcal que nunha xuntanza inmediata acordou reelexir a Román Alonso como coordinador.
No documento político sometido a debate e nas numerosas intervencións tanto de afiliados como de persoas e representantes de colecitvos invitados destacouse que a violenta ofensiva desenvolvida nestes últimos anos contra os dereitos dos traballadores e do pobo (directiva das 65 horas, fiscalidade regresiva, retroceso nos servizos públicos, etc), os ataques ao regime democrático e à soberanía dos pobos (tratado de Lisboa, submisión na OTAN) deben ter na loita de masas, destacando a loita dos traballadores, un factor determinante para combater e enfrontar a ofensiva neoliberal e unha contribución para a elevación da sua conciencia social e política.
Abordáronse tamén os obxectivos centrais da política comarcal e municipal tales como decrecemento sostible, urbanismo coherente, participación cidadá, vivendas sociais, austeridade ou defensa dos servizos públicos sen privatizacións ás que tan propensos se amosan os partidos do sistema. Unha parte importante das intervencións ocupouse do proceso de refundación no que se atopa inmersa IU a nivel federal.
No documento de autoxestión e organizativo valouse o importante aumento afiliativo ocurrido na comarca nos derradeiros anos, o que vai permitir a multiplicación de candidaturas da esquerda nas vindeiras eleccións municipais.
Secretaría de Comunicación Executiva Comarcal de Esquerda Unida