O CPL de EU en Vigo traslada unha felicitación ao conxunto da militancia de ANOVA, ESQUERDA UNIDA e ESPAZO ECOSOCIALISTA polo traballo activo na campaña electoral e sobre todo na súa participación na consolidación do proxecto de AGE en Vigo.
EU considera que sendo a primeira vez que AGE concorria a un proceso electoral nas europeas o resultado de máis de 14.711 votos (o 13,44%) certifica que AGE será parte sustancial da confluencia política e social da esquerda en Vigo e no resto de Galicia. Confluencia que agora facilita a chegada de proxectos políticos como Podemos con apostas programáticas coincidentes.
Para EU a construcción dunha fronte de esquerda alternativa ao PP na cidade de Vigo non pasa, con estes resultados, polo PSOE polo que está nas mans das forzas da esquerda rupturista traballar por un espazo de traballo e avance para cambiar a correlación de forzas na nosa cidade.
EU considera que ábrese un espazo moi interesante e esperanzador de cara aos procesos electorais de 2015, municipais e xerais, no contexto de loita contra o bipartidismo e as políticas da troika no noso país.
CONSELLO LOCAL DE EU VIGO