REPÚBLICA, BIBLIOTECARIAS E REPRESIÓN FRANQUISTA (1931-1942)

O sábado 21 de setembro organizamos unha charla de Memoria Histórica na AVCD de Lavadores. Tanto polo edificio en si, como polo barrio no que se atopa de Vigo, pareceunos un lugar moi axeitado pola súa historia.

O tema da charla foi República, bibliotecarias e represión franquista (1931-1942) e foi impartida por Francisco Xavier Redondo Abal, director de biblioteca na USC e escritor de varios libros e artigos de investigación para a recuperación da memoria histórica.

Foi unha experiencia moi interesante ter a oportunidade de aprender sobre esta faceta da historia, e dende EU Vigo estamos moi satisfeitas coa asistencia. Temos claro que imos seguir co noso compromiso de seguir coa difusión da Memoria Histórica.

Aproveitamos para compartir o artigo que adicaron no Atlántico Diario: La II República abrió nueve bibliotecas en Vigo en tres años

Se unha mentira repetida moitas veces pode converterse en verdade e o noso deber seguir contando a verdade…ata a saciedade!

Relacionados