REFLEXIÓNS LOGO DA FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO Algo que celebrar?
Rubén Pérez Coordenador local de Esquerda Unida en Vigo
Ver a partidos supostamente progresistas enfrascados en vindicar o proceso histórico de expulsión do invasor francés e restauración absolutista non deixa de asombrar, máxime cando a acción azuzada por terratenentes, clero e nobreza para que fose o pobo chairo o que restaurase os seus privilexios e abortase o constitucionalismo progresista de Cádiz, constitúe un exemplo de como a involución histórica triunfou sempre no estado español.
O Marx na feceta de historiador amosounos a gran parte da esquerda que o proceso de análise histórica debe ter un enfoque máis aló dos grandes feitos patrióticos que esconden realidades sociais e intencionalidades ocultas.
Xa analiza isto nunha carta do 17 de outubro de 1854 a Engels reflexionando sobre a Guerra da Independencia Española:…
Ler máis...