¿QUÉ HAI DETRÁS DO PROCESO DE BANCARIZACIÓN DE NOVACAIXAGALICIA?

Dende fai moitos anos a Banca privada pretende que desaparezan as caixas de aforros semipúblicas, entidades de orixe público e que atesoraban máis do 50% do aforro familiar do estado. En 1996 coa chegada de Aznar á presidencia do goberno a AEB (Asociación Española da Banca) dirixiuse en numerosas ocasións ao goberno para que privatizara ás caixas e con elas dera acceso á banca privada e ao capital especulativo dos golosos fondos das mesmas, esencialmente o aforro familiar.

A crise financiera que vivimos (xunto coa mala xestión dos consellos de dirección das caixas e nula planificación de crecemento vexetativo da súa rede de oficinas) é unha excusa perfecta para que a Banca privada, coa inestimable axuda dun goberno do PSOE posto de xeonllos ante o capital e o poder financiero, consigan que se convirtan as caixas de aforros en bancos, de forma rápida e sen que os impositores teñan acceso a unha información de que vai pasar cos seus fondos e quen vai a empregar os nosos aforros e en que operacións especulativas. O que se trata e de que a Banca acceda de xeito legal aos fondos das caixas, ao seu inestimable patrimonio inmobiliario, que se desartelle a obligatoria obra social do sistema de caixas de aforros que obriga a que o 17% do beneficio adíquese á mesma. Non é extrano que o maior especulador financiero privado, JC Flowers, individuo que tiña o 25% do Hipo Real Estate Bank, banco alemán que o goberno nacionalizou ante a súa quebra, aterrice en Peinador uns días despois de coñecerse a definitiva bancarización de NCG.

ESQUERDA UNIDA de Vigo creemos firmemente que estamos asistindo ao maior roubo cometido á cidadanía, que ninguén nos preguntou se queremos ter os nosos aforros en banca privada, se queremos que fondos de inversión de capital risco xestionen os fondos da caixa. Os miles de vigueses e viguesas co alcalde á cabeza que protestaban porque o centro de decisión da NCG quedaba xeográficamente en Coruña deberían agora protestar dobremente porque o centro de decisión da nova ente financiera vai quedar en paraísos fiscais ou en mans dos “buitres do sistema financiero”.

Esquerda Unida fixo pública recentemente a súa proposta de intervención e saneamento das caixas de aforro para garantir o crédito ás pequenas empresas e as familias, e contribuír á creación dunha Banca Pública, que permita financiar o cambio de modelo produtivo. Nesas datas o Goberno anunciaba o seu proxecto de acelerar a privatización bancaria desas mesmas caixas con diñeiro público.  Parece que as caixas entraron dentro dos saldos de xaneiro para maior beneficio do capital financeiro e fronte ás necesidades reais da economía do país.

 

EU DEFENDE E CHAMA A MOBILIZARSE POR:

– Unha nova caixa pública ou entidade de aforro e crédito non especulativa fomentada dende o Concello de Vigo de acordo coa formativa legal que así o permite e en réxime de cooperativa, sobre o modelo das actuais Caixas Rurais.

–  Nacionalización da Banca e das Caixas que sexan participadas polo FROB en máis dun 50%.

–  Control estatal do patrimonio inmobiliario e cultural das caixas de aforros bancarizadas.

–  Prohibición das SICAV (sociedades de Inversión de Capital Variable) que van a especular cos fondos financieros do Banco NCG.

NON A BANCARIZACIÓN DAS CAIXAS

¡¡BANCA PÚBLICA XA!!

Relacionados