PRESENTACIÓN LIBRO 23F LA FARSA

Hoxe as nosas compañeiras Fiona, Teresa e Rosa, e o noso compañeiro Guillermo tiveron o pracer de escoitar a Caros Fonseca na presentación do seu novo libro “23F LA FARSA” en La Casa del Libro. Este evento foi organizado pola Asemblea Republicana de Vigo.

Carlos Fonseca foi xornalista durante 40 combinando a súa labor informativa co xornalismo de investigación en prol da recuperación da nosa memoria histórica. Isto levouno a escribir máis de dez libros entre ensaios e novelas. Entre eles destacan “Trece rosas rojas”, que foi levada ao cine, e “Mañana cuando me maten” onde narra os feitos acontecidos das últimas execucións do franquismo, incluído o asasinato de estado do vigués Xosé Humberto Baena Alonso.

Sinopse do libro “23F LA FARSA”

Existe un relato comúnmente aceptado que explica o golpe de estado do 23F como a acción dun grupo de militares alporizados e nostálxicos do franquismo, que fracasou grazas a lealdade maioritaria do Exército á Constitución e a actuación decidida do rei Juan Carlos I.
Unha versión edulcorada da Transición exemplar, que se sostén dende hai mais de catro décadas grazas a censura institucional sobre a documentación existente nos arquivos oficiais.

Este libro susténtase sobre o traballo durante 4 anos do xornalista Carlos Fonseca sobre fontes inéditas ata agora como son os 15.000 folios do sumario instruido polo Consejo Supremo de Justicia Militar, o arquivo persoal de Alberto Oliart, Ministro de defensa nese momento e as Actas da Executiva Federal do PSOE nesas datas. Non é un libro onde se fagan suposicións cada testimonio segundo o autor “se sustenta en un documento oficial”. É o lector quen debe sacar as súas propias conclusións.

Narrado no estilo periodístico e ameno ao que nos ten acostumados Carlos Fonseca, este libro é
“la autopsia de una investigación policial y judicial que ignoró pistas, descartó indicios y ocultó pruebas para no ahondar en todas las complicidades de la asonada y condenar al menor número de posible de implicados¨”.

Á luz dos documentos o autor ofrécenos un relato moi diferente do golpe do 23F, que empezou coma unha traxedia, foi adquirindo por momentos tintes de comedia e rematou coma unha farsa.

Esperamos que o leas, é unha descripción moi clara dunha parte “oculta” da historia de España.

Saúde e República! ✊🔻

Relacionados