PAZ, FEMINISMO E REVOLUCIÓN

Este 8 de marzo saímos de novo á rúa para reivindicar o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión, xunto coas compañeiras Feministas IU (Facebook, Instagram e Twitter), quixemos avogar por:

  • MÁIS REVOLUCIÓN, para acabar coa desigualdade, que se priorice ás persoas, ao planeta e ás súas necesidades.
  • MÁIS FEMINISMO, para corrixir as desigualdades estruturais, incorporar o coidado coma unha cuestión social prioritaria.
  • MÁIS PAZ, porque desde o discurso do odio só se destrúe ao outro.

Le o manifesto completo aquí.

Dende EU Muller Vigo queremos manifestar o orgullo da unidade do feminismo na cidade de Vigo, onde se realizou unha única manifestación. Dita manifestación foi organizada polas compañeiras de Feminismo Unitario Vigo (Facebook e Instagram), coas que temos o pracer de compartir loita, asembleas e accións de rúa.

Baixo o lema “O FEMINISMO DEFENDE DEREITOS, O MACHISMO VIOLENCIAS E PRIVILEXIOS. XUNTAS SOMOS MÁIS FORTES”, encamiñámonos pola cidade acompañadas por miles de persoas.

Recorda, reivindicamos este día, pero realmente, todos os días son 8 de marzo.

Se queres loitar ao noso carón, escríbenos a mullervigo@esquerdaunida.org.

Paz, feminismo e revolución.

EU Muller Vigo

Relacionados