PARA ESQUERDA UNIDA DE VIGO É EVIDENTE QUE NON SOBRAN EMPREGADOS PÚBLICOS NO CONCELLO SENÓN QUE FALTAN EN ÁREAS MOI SENSIBLES COMO O IMD OU O PERSONAL DOS MUSEOS

ESQUERDA UNIDA de Vigo considera que efectivamente o informe do interventor municipal “excede a súa competencia” e que o equilibrio orzamentario do concello ten que darse “especialmente” pola vía do raciocinio en gastos como os asesores, externalización de servicios a empresas privadas que perfectamente pode asumir a plantilla municipal ou o número de concelleiros con dedicacións exclusivas ou parciais (dos máis altos de todo o estado).

Esquerda Unida de Vigo considera que nunha cidade donde se condonan débedas e empresas como Citroën, se permite que concesionarias de servicios públicos como Aqualia facturen 50 millóns de euros (case a totalidade do custo dos salarios públicos de toda a plantilla do concello) argumentar que “sobran traballadores e traballadoras públicas” no Concello non é de recibo.

EU lembra que pola cerrazón municipal de non acatar sentencias xudiciais dos despedidos do IMD hai pabellóns pechados e centos de nenos dos programas de fútbol de base levan un ano sen xogar neles. Para EU siguen existindo edificios e instalacións deportivas baleiras por falla de dotación de personal en distintos puntos e parroquias de Vigo e considera que a tasa de reposición de empregados públicas contida no Real Decreto do 13 xullo de 2012 “fai peligrar a estabilidade no emprego público, e polo tanto servicios esenciais, ao impedir a reposición de empregados e alentar a contratación de empresas privadas e de servicios que precarizan emprego e dereitos laborais

EU espera que o interventor municipal fiscalice de igual modo o resultado final dos recursos económicos consignados ao plan de emprego municipal e a su real na creación directa de emprego (non a expresada sen datos concretos polo alcalde) que suma dende o que fai unha lasca de pedra no Porriño ate a que a limpa polas noites unha vez instalada.

Relacionados