PARA ESQUERDA UNIDA BARRERAS É SOSTIBLE E CON FUTURO PARA MAIS DE 150 TRABALLADORES

Está mais que demostrado que os problemas de Barreras derivan dunha pésima gestión e non tanto duna falta de productividade. A sostenibilidade do sector está demostrada po lo simple feito que Holanda e Francia están a construir barcos con custos superiores os nosos. Que está mais que demostrado que os problemas de Barreras derivan dunha pésima gestión e non tanto duna falta de productividade.

Como consecuencia do concurso de acreedores o Plan de Viabilidade presenta a entrada de duas novas persoas no accionariado, a reducción de 54 traballadores, a urxente necesidade de aportación económica po la parte da Xunta ou Goberno Central e a venda dos terreos “ociosos” propiedade da Empresa. Todo isto partindo dunha quita de acreedores do 80% e una previsión de construcción dun barco a partir de Setembro.

Barreras dispón:

a) dun persoal altamente cualificado, buscado por empresas estranxeiras da UE.

b) Duna situación xeográfica envidiable para o desenvolvemento de operacions de construcción ou mantemento naval. Con una industria auxiliar ao alcance da man.

c) Dunha estructura industrial forte e contrastada

Nesta situación, EU entende que a venda / alquiler dos terreos non e procedente pois en ningun caso podemos falar de terreos “ociosos”. Que a reducción de persoal produciría una falta de cualificación e a necesidade de subcontratar traballos que serian economicamente menos competitivos po lo beneficio engadido. Que a falta de pedidos e mais una cuestión de prioridades políticas que a falta de competitividade.

Por todo isto EU pide que Barreras entre nun programa de conversión en industria pública con xestión profesionalizada e contribúa sólidamente no incremento do Valor Engadido de Vigo, e polo tanto, de Galiza. EU lembra que a debeda cos traballadores e de 1 millon de EUR e que os principais acreedores son BPE, UNNIM, AISTER, EMENASA.

Relacionados