O Grupo Municipal espera tamén que finalmente se leve a cabo a obra, e non vexamos, por enésima vez, todo o proxecto e miles de euros gastados para obter soamente unha bonita maqueta.
Rubén Pérez, en rolda de prensa, explicou que hoxe en Xerencia de Urbanismo “o voto da Marea de Vigo foi a favor da modificación do pepri e do orzamento, pero tivemos que absternos no prego posto que carece de contido sobre usos, estado do edificio e demais cuestións fundamentais incluso para os arquitectos que participen do concurso”.
Lembrou tamén a existencia dun convenio do 2003 entre o Concello e os propietarios dos terreos (http://xmu.vigo.org/docs/planeamento/cvello/Memorias/Tomo%20IV/02-%20Panificadora.pdf), convenio sobre o que a Marea de Vigo lle gustaría saber se está aínda vixente, e en que termos, posto que fala da reforma dos terreos da Panificadora, usos e desenvolvemento urbanístico. Esta foi unha das ocasións nas que tamén, como agora, falouse da recuperación da zona, tendo nesta ocasión resultado nulo.
Para a Marea de Vigo, partindo de que se trata dun interese público, os usos teñen que ser esencialmente públicos, como por exemplo un auditorio público, biblioteca, ou espazos para o tecido asociativo da cidade, ademais dos espazos, con retorno económico, que debe existir ao facerse coa participación da Zona Franca, por exemplo, o redor do edificio da panificadora.