O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO ESÍXELLE AO PRESIDENTE DA ÁREA METROPOLITANA, ABEL CABALLERO, QUE VOLVA A REUNIR ÁS ALCALDÍAS DA ÁREA COA XUNTA COMO FERRAMENTA PARA DIRIMIR O ASUNTO DO TRANSPORTE METROPOLITANO E EVITAR ASÍ O XOGO DE MAIORÍAS E MINORÍAS QUE LEVOU A CABO O PP NO DÍA DE HOXE.

vitrasaPara o Grupo Municipal da Marea de Vigo, que forma parte do Grupo político Marea Metropolitana na Asemblea da Área Metropolitana de Vigo, non é aceptable a manobra que tratou de levar a cabo a Xunta no día de hoxe na xuntanza da Comisión de Seguimento do Transporte na que, facendo uso da maioría que o Partido Popular posúe nela (e non na Asemblea da Área) tratou de levar a cabo votacións que poderían ter como resultado a dilapidación da Área Metropolitana.

Para a Marea de Vigo, ao igual que expuxeron hoxe os alcaldes do Grupo Metropolitano do que forman parte e que acudiron hoxe á xuntanza da Comisión de Seguimento do Transporte convocada pola Xunta (Cangas e Salceda), tratar de utilizar unha maioría forzando votacións cuxo resultado pode significar a paralización total da Área Metropolitana non é o camiño para solucionar as diverxencias, senón que os debates se deben dar no seo da Área, é, de non existir acordos, seguir traballando onde si os hai e dirimir o resto no contencioso ao non ter outra alternativa. En todo caso, o órgano onde se ten que dirimir, non é o convocado e celebrado no día de hoxe.

A Marea de Vigo considera un erro que a Xunta estea “amarrándose” a unha interpretación do Convenio asinado xunto ao Concello de Vigo e Vitrasa, no que, tal e como veñen de admitir hoxe, é o Concello de Vigo o que debe pagar o bono do transporte urbano de Vigo de todas as persoas viaxeiras da área, con independencia da procedencia, utilizando incluso comparacións como a Área de A Coruña ou de Santiago de Compostela, pero, sen falar da gran diferenza que existe con Vigo: Vigo paga á empresa por viaxeiro e as outras urbes, o fan por km, o que constitúe unha diferenza considerable no caso que estamos a tratar. Ademais de que, para os demais concellos da área a teoría parece diferente, posto que os gastos do transporte xa existente están repartidos entre a propia Xunta e o concello en cuestión.

Por tanto, esixímoslle á Xunta que acepte a interpretación que fai Vigo do Convenio, posto que beneficiaría a toda veciñanza da Área (e non soamente á de Vigo), e ao Alcalde de Vigo e Presidente da Area (do que aínda non se entende como puido asinar ese convenio de interpretación tan arbítrea) que, tal e como fixo á hora de poñer a andar a Área, convoque a Xunta e as alcaldías da Área para poñer todas as diferenzas e acordos enriba da mesa e se poida comezar a traballar, mais aló dos panfletos por parte do PP e o lanzamento de receitas dia sí día tamén por parte do Alcalde de Vigo cara a Xunta.

Relacionados