O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO ESIXE QUE SE REDACTE XA UN NOVO CONVENIO ENTRE O REAL CLUB CELTA E O CONCELLO ANTE A POSIBILIDADE DE QUE O CLUB ACABE EN MANS DE FONDOS DE INVERSIÓN OU GRUPOS ECONÓMICOS ESTRANXEIROS

logowebO Grupo Municipal lembra que “con diñeiro público de todos e todas as viguesas imos pagar unha reforma dun estadio municipal, máis de 29 millóns de euros, que explotará unha entidade en mans de grupos inversores a “custe cero” se finalmente o actual presidente formaliza a venta

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera “alucinante” o silencio do Concello e Deputación, que teñen comprometidos máis de 29 millóns de euros na reforma do actual estadio municipal, ante a posible venda do accionariado maioritario da entidade deportiva á “grupos árabes ou chinos” o que significaría que o club estaría en mans de fondos de inversión empregando unha instalación pública “nova e reformada” a custe 0, mesmo con iluminación e mantemento do céspede con participación municipal. Cousa que xa lle gustaría a moitas empresas privadas desta cidade “que dan retorno en forma de postos de traballo e pago de impostos no noso termo municipal sen tantas prebendas de partida”.

Rubén Pérez lembra que o actual presidente pasou de controlar o 39% das acción cando chegou ao cargo a ter o 51% en maio de 2014 tras comprarlle a Abanca as accións que tiña capitalizadas no club despois da conversión da débeda en accións polo que a decisión da venda “esta en mans dunha persoa concreta”. Mesmo as empresas do actual presidente teñen concedidos dous créditos por valor de 8 millóns de euros que o club terá que seguir pagando despois da eventual marcha do actual presidente. Toda unha trama de operacións financeiras que amosan o verdadeiro interese que capital inversor estranxeiro pode ter agora nun clube cunha tempada interesante de ingresos pola participación en competicións europeas.

Marea de Vigo lembra tamén que neste ano o club terá ingresos da UEFA procedente das retransmisións deportivas e os dereitos televisivos, máis de 53 millóns de euros e mesmo está aínda por decidir quen custeará os máis de 2 millóns de euros de modificar a iluminación do estadio para adaptar aos criterios do organismo europeo. Polo tanto, reclamamos a redacción dun novo convenio entre concello e entidade deportiva para evitar que un espazo público con tantas inversións previstas acabe sendo un “mecanismo de engordar a conta de resultados de capitais especulativos estranxeiros”.

Relacionados