O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE EXISTEN MOITOS PROBLEMAS DE CARÁCTER SOCIO-LABORAL QUE SE DEBEN TRATAR NO CONSELLO SOCIAL COMO PARA CONVOCALO PARA FALAR ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE DO AVE POR CERDEDO.

O Alcalde de Vigo convocou para este xoves día 2 de marzo, unha xuntanza do Consello Social cun único punto na orde do día: “ave directo a Vigo por Cerdedo”, feito que, segundo o Grupo Municipal da Marea de Vigo, resulta insuficiente e fóra de lugar para tratar neste órgano, habendo moitos temas que deberían ser abordados , como a situación da industria viguesa, a deslocalización que está sufrindo o sector da automoción ou mesmo temas vinculados co sector ferroviario, e incluso vinculados ao “ave”, como poden ser as alternativas que ademais poderían traer melloras a nivel industrial como por exemplo o feito de poder conectar Vigo co corredor atlántico europeo de mercancías.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, afirma que “O Consello Social ten que ter unha función mais activa e non convocarse ao arbítreo do alcalde. Pasaron nos últimos meses feitos moi importantes como deslocalizacións, tanto de inversión como produción, da industria auxiliar de automoción ao norte de Portugal, problemas no Porto (marcha de Maersk a Marín e problemas no PIF), que xustificarían ter convocado o Consello, mais nada se fixo”

Alén disto, o Grupo Municipal tamén critica a función “escaparate” que se leva a cabo con este tipo de convocatorias, posto que, a última que se fixo foi para falar dos orzamentos do Concello para o 2017, mais resultando inútil, posto que ningunha das propostas que os axentes sociais poderían facer, non se ían ter en conta, ao estar xa previamente deseñados os propios orzamentos.

Relacionados