O GOBERNO RESPONDE A ESQUERDA UNIDA QUE BARRERAS TEN QUE SOMETERSE ÁS “SOLUCIÓNS DE MERCADO” E DESCARTA A INTERVENCIÓN PÚBLICA NO ASTELEIRO

barreras-astillero-vigo--644x362O goberno contestou á pregunta remitida por Esquerda Unida de Vigo en maio de 2013 solicitando a nacionalización do asteleiro e a declaración de sector estratéxico e sistémico do sector naval e descarta intervir como así o fixo na banca ao entender que esta si ten un carácter sistémico e o sector naval non

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, considera que o goberno efectivamente ten renunciado a dar a batalla por un sector naval en Galicia e no estado e que a propia resposta do goberno, amparandose no artigo 107.1 do Tratado de Funcionamento da UE amosa que “admite que o modelo actual de construcción europea é incompatible coa defensa dos sectores productivos xeneradores de emprego en Galicia”

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, sigue considerando que o goberno ten que tomar todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral.

O coordinador local de EU considera “indignante” que a solución que a Xunta ten para un asteleiro que no seu día foi público sexa a venta a unha multinacional mexicana e considera que ao igual que fai Francia e Holanda teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”

EU defende que o goberno central actúe defendendo o artigo 128 da constitución española que dí:
“Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general. Se reconoce la iniciativa pública en la actividad económica. Mediante ley se podrá reservar al sector público recursos o servicios esenciales, especialmente en caso de monopolio y asimismo acordar la intervención de empresas cuando así lo exigiere el interés general.”

ADXUNTAMOS REPOSTA DO GOBERNO Á PREGUNTA DE ESQUERDA UNIDAICONO PDF

Relacionados