O CONSELLO POLÍTICO NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA ACORDA QUE A XI ASEMBLEA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA SE CELEBRE A FINAIS DE ABRIL NA CIDADE DE COMPOSTELA

Yolanda Diaz e Xavier Ron, membros da executiva de EU
Yolanda Diaz e Xavier Ron, membros da executiva de EU

“É UN MOMENTO DE DEBATE NECESARIO ONDE A MILITANCIA TEN QUE MARCAR A LIÑA DA POLÍTICA QUE DEBEMOS DE SEGUIR ANTE AS POLÍTICAS DE ABUSO DE PODER QUE A DEREITA NOS ESTÁ A IMPOÑER” MANIFESTA A COORDINADORA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA, YOLANDA DÍAZ

O Consello Político Nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de goberno entre asembleas, tomou a decisión de celebrar a XI Asemblea Nacional a finais de abril na propia cidade de Compostela.

Ao longo da xornada de traballo que se desenvolveu neste sabado 9 de febreiro, o Consello Político Nacional conformou as liñas mestras polas cales transitará a tarefa das comisións que elaborarán os documentos que se someterán a discusión e debate nas asembleas de base. Do mesmo xeito, aprobáronse as normas que regularán o proceso até a celebración da Asemblea Nacional.

A XI Asemblea Nacional terá lugar no momento en que a quebra dos ténues mecanismos do estado de “medioestar” está na súa fase máis acelerada, onde aos recortes orzamentarios, ao rescate da banca, ao incesante incremento do paro temos que engadirlle todos os procesos de corrupción.

Neste contexto é máis importante que nunca a definición do traballo a realizar para conformar as ferramentas políticas e sociais que permitan asentar EU como alternativa.

 “É un momento de debate necesario onde a militancia ten que marcar a liña da política que debemos de seguir ante as políticas de abuso de poder que a dereita nos está a impoñer” manifesta a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz.

 

Relacionados