Esquerda Unida de Vigo celebrou onte un mitín no Centro Parroquial do Cristo da Victoria no barrio de Coia. Neste acto interviron Eva Solla, nº 2 da candidatura e Rubén Pérez, candidato á alcaldía.
Eva Solla explicou a elaboración colectiva do programa e a rolda de encontros con diversas asociacións viguesas. Posteriormente fixo referencia ao problema da crise e do paro coma eixo central das políticas de Esquerda Unida expondo algunhas das propostas de creación de emprego. Tamén explicou algunhas das medidas que EU reflexou no programa electoral para permitir unha recadación de impostos máis xusta e eficiente, coma son as tasas de impostos progresivas ou o gravamen de edificios e vivendas valeiros.
Pola súa parte Rubén Pérez reflexou o seu optimismo de cara aos vindeiros comicios do 22 de Maio por tartarse dun momento positivo para Esquerda Unida dado o crecemento, sobre todo de xente nova, que mantivo a agrupación en vigo nos últimos anos e que permitiu un fortalecemento da organización. Reivindicou tamén as ideas do nacemento de Izquierda Unida fai 25 anos como ideas en plena vixencia no momento actual, igual que as propostas e traballo realizado polo PCG na primeira corporación viguesa. Animou a afiliados e simpatizantes a colaborar neste proxecto e advertiu que con EU non gobernará a dereita.
Rubén fixo referencia tamén as políticas de Esquerda Unida en materia de traballo e destacou o movemento xuvenil en torno ao grupo “Democracia Real Ya” como necesario e positivo para fortalecer a democracia, recordando que a Lei Electoral continúa a castigar a EU e outros partidos a doblar o esforzo para conseguir a mesma cantidade de votos. Finalmente fixo referencia ao oscurantismo e censura dalgúns medios de comunicación e á sabotaxe que está a recibir a cartelería e pancartas de Esquerda Unida, inclusive coa desaparición de 21 pancartas que xa foi denunciado perante a Xunta Electotral.
[youtube http://www.youtube.com/watch?v=SqUrGybnbl8&w=425&h=349]