Onte pola tarde, día 18 de Maio, Esquerda Unida celebrou na alameda de Bembrive un mitin enmarcado no percorrido que está a realizar polos barrios vigueses para explicar as súas propostas. Interviron Rubén Pérez, candidato á alcaldía e Eva Solla, nº2 da candidatura. Ao acto asistiron simpatizantes e veciños da zona.
Eva Solla puxo en valor o programa co que Esquerda Unida se presenta ás eleccións do 22 de Maio polo seu amplo contido de carácter social e propostas de emprego. Así mesmo destacou a importancia da elaboración colectiva do programa gracias ás reunións mantidas con diversos colectivos da cidade.
Pola súa parte, Rubén Pérez salientou a forte proposta de Esquerda Unida polo emprego público coma fonte de riqueza laboral e de benestar para a sociedade. Abogou pola creación de empresas públicas en sectores agora abandoados como é o forestal e indicou a necesidade de que os servizos privatizados voltasen a ser de carácter municipal. Tamén destacou a necesidade de transparencia no acceso aos postos de emprego públicos e criticou a falta de propostas xeradoras de emprego dos outros partidos nun momento crítico para a economía dos vigueses e viguesas.
[youtube http://www.youtube.com/watch?v=H5AdCIZP9Kc&w=425&h=349]