PROPOSTA PARA O DEBATE PROGRAMÁTICO:
MEMORIA HISTORICA, REPUBLICANISMO TAMÉN DENDE O MUNICIPALISMO DE ESQUERDAS.
- A memoria histórica e a vindicación dos valores republicanos non é para ESQUERDA UNIDA un feito nostálxico, unha actividade cultural ou un capítulo histórico, é parte indispensable da rexeneración democrática do noso país que quedou aparcada polo pacto da chamada transición democrática. Hoxe, xa ninguén é deudor desa etapa política polo tanto falar de República, de exilio, de represaliados é falar de democracia e de restauración de dereitos civis e humanos.
- Quedan aínda miles de familias con familiares desaparecidos, miles de represaliados aínda vivos, de persoas con vidas alteradas polo exilio, etc… polo tanto non é un feito histórico ou pretérito, é un feito actual e cercano a todos nós. Recentemente o concello de Vigo pedia ós familiares do dirixente comunista vigués Francisco Barreiro Barciela, fusilado en 1941 nun dos procesos militares máis coñecidos do franquismo, o proceso “Larrañaga e Dieguez”, que demostraran a defunción deste home para solventar a titularidade de nichos no cemiterio de Pereiró, o que amosa como se ocultou e borrou a nivel municipal a represión sobre os conveciños.
- Non se teñen dado pasos para equiparar ós presos políticos do tardo-franquismo cos da postguerra inmediata a contenda. O caso do vigués Baena a dos represaliados no 72 en Vigo e Ferrol é evidente. ESQUERDA UNIDA ten presentado durante o goberno bipartito unha proposición de lei no PARLAMENTO GALEGO para elo sen obter máis que boas palabras por parte do entón presidente Touriño (militante comunista na clandestinidade) e do conselleiro de presidencia.