“Aquí estamos, consternados, rabiosos”…dicía Mario Benedetti no seu poema, cando a morte do “Che”: Na súa propia morte se pode parafrasear esta mesma frase.
[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=sFtE1drWEnk&hl=es&fs=1]
“Aquí estamos, consternados, rabiosos”…dicía Mario Benedetti no seu poema, cando a morte do “Che”: Na súa propia morte se pode parafrasear esta mesma frase.
O escritor uruguaio faleceu onte os 88 anos, e aínda que o desenlace era máis que esperado, a morte do poeta uruguaio é unha das maiores perdas non só na literatura mundial, senón no seo da esquerda, o que nos dicía que na rúa éramos moito máis de dous.
De Benedetti hai que destacar o seu compromiso político, sobre todo despois da revolución cubana, dá que se converteu en portavoz, sendo un escritor político que sempre contactou con un público que queríamos cambios políticos e sociais, fundamentalmente en América Latina.
Di de el De Cuenca que abriu a fiestra e ventilou o cuarto da poesía contemporánea, pero ademais foi un home dunha conducta insubornable: a pesar das ditaduras militares sempre estivo atento a marcha da democracia, pola que loitou.
[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=q9mDegi6AnQ&hl=es&fs=1]
En 1971 Mario Benedetti fundou, xunto a membros do Movemento de Liberación Nacional – Tupamaros, o Movemento de Independentes 26 de Marzo, unha agrupación que pasou a formar parte da coalición de esquerdas Fronte Amplo dende os seus orixes. Benedetti foi representante do Mov. 26 de Marzo na Mesa Executiva del Fronte Amplo dende 1971 a 1973, sen embargo, esta alternativa viuse frustrada pola forza, polo golpe xenocida militar.
Polas súas posicións políticas, tras o Golpe de Estado do 27 de Xuño de 1973, debe abandonar Uruguai, partindo o exilio na Arxentina e posteriormente en Perú, onde foi detido, deportado y amnistiado, para logo instalarse en Cuba, no ano 1976. O ano seguinte, Benedetti recalaría en Madrid (España).
Benedetti foi gañador de numerosos premios entre os que se inclúen o Premio Jristo Botev de Bulgaria, Premio Llama de Ouro de Amnistía Internacional, o Premio Morosoli de Plata de Literatura, o Premio Internacional Menéndez Pelayo no 2005, o Premio Raíña Sofia de Poesía Iberoamericana no 1999, o Premio Iberoamericano José Martí no 2001, Doutor honoris causa polas universidades de Alicante, a de Valladolid e de La Habana, o Premio Etnosur e o Premio Morosoli de Ouro.
Esquerda Unida de Vigo lamenta profundamente a súa morte, aínda que a súa obra, literaria e política nunca desaparecerá.
Noticia extraída da Secretaría de Relacións Internacionais do PCE