MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PEDINDO AO GOBERNO MUNICIPAL A POSTA EN MARCHA DUN DISPOSITIVO DE ASESORAMENTO Á CIDADANÍA AFECTADA POLA CLÁUSULA SOLO

marea de vigoO Grupo Municipal da Marea de Vigo ven de rexistrar hoxe esta moción, amparándose na propia lei de bases de réxime local, onde se establece que os Concellos poden promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, así como exercer en todo caso como competencias propias a avaliación e información de situacións de necesidade social, tal e como está sucedendo con milleiros de persoas afectadas neste caso polas cláusulas solo e que agora teñen o dereito a reclamar o que, dun xeito abusivo, lle foi roubado.

Despois do traballo de moitas persoas, plataformas e asociacións de consumidores e afectadas/os que estiveron denunciando a inxustiza que supoñían estas cláusulas nas hipotecas das persoas, co resultado da sentenza do Tribunal Europeo que finalmente así o recoñecía dando a oportunidade de recuperar o roubado, xerase unha situación na que existe unha grande cantidade de persoas que foron afectadas ás que é preciso garantir o correcto asesoramento e resolución, así como evitar que, persoas que foron estafadas pola banca neste caso a causa destas cláusulas solo, poidan acabar tamén estafadas por outros suxeitos que atopan aquí unha oportunidade económica.

O Concello, por tratarse da institución mais próxima á cidadanía, non pode quedar ao marxe desta realidade, e é por isto que o GM da Marea de Vigo presenta esta moción, na que, alén do dispositivo que se pide se leve a cabo dende o propio Concello, tamén se insta á Deputación para que, de xeito coordinado, asesore e colabore cos devanditos servizos creados na propia provincia para tal fin.

Relacionados