MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PARA DECLARA O CONCELLO DE VIGO MUNICIPIO OPOSTO O TTIP.

ttipA negociación de tratado de libre comercio estase a facer de costas a cidadanía para evitar calquera mobilización ou critica.

Tal e como xa denunciou a eurodeputada Lidia Senra nin sequera as e os eurodeputados teñen acceso o documento completo. Senra relata que as eurodeputadas que queren ter aceso o documento teñen que facelo nunha sala na que apenas hai dúas cadeiras e unha mesa, e na que as eurodeputadas non poden estar máis de dúas horas, acompañados por un funcionario en todo momento e ademais só teñen acceso a documentos parciais nos que se citan anexos que non están o seu dispor.

Os escasos datos públicos indican que neste tratado o que se busca é a liberalización total dos servizos públicos, comprometendo así as competencias dos e das representantes elixidos para administrar con liberdade as súas comunidades.

A Marea de Vigo considera que as administracións locais ao estar preto das necesidades das e dos cidadáns e sendo as canles máis apropiadas para promover os servizos públicos e a industria e emprego locais deben posicionarse claramente en contra deste tratado que ameaza con acabar coa xa de por si , escasa autonomía local.

Non é casualidade que unha e outra vez a cidadanía vexa como os centros de decisión van quedando cada día en institucións que están máis lonxe deles, xa que este brutal ataque centralizador ten como obxectivo acabar co control que o pobo debe lexitimamente exercer sobre as e os seus representantes
Dende a Marea solicitamos que o Concello solicite ao ministerio de Economía e Competitividade a suspensión das negociacións do TTIP ata que remate a falta de transparencia das negociacións e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos parlamentos.

Relacionados