MAREA DE VIGO PIDE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS NO DESASTRE DE FUNCIONAMENTO DO NOVO HOSPITAL

logowebMAREA DE VIGO coincide co grupo parlamentar de AGE en pedir á conselleira de sanidade que asuma e depure responsabilidades ante o novo capítulo de deficiencias e irregularidades do novo centro.

Para a MAREA DE VIGO, que se teñan que suspender traslados de pacientes por non superar controis microbiolóxicos os quirófanos e outras dependencias hospitalarias constitúe un feito de extrema gravidade que ten que ter responsabilidades concretas.

MAREA DE VIGO considera “fracasado” o modelo de xestión privada ou mixta no sistema sanitario e lembra que os criterios de xestión de empresas privadas van en moitos casos a colisionar co concepto de servizo público e garantía sanitaria. A procura de maior marxe comercial sobre o canon que o SERGAS pague á empresa concesionaria esta condicionando dende a accesibilidade ao centro ate, como estamos comprobando, a calidade asistencial, a seguridade dos pacientes e traballadores traballadoras e mesmo as mínimas garantías de dereito á asistencia sanitaria universal e gratuíta.

MAREA DE VIGO considera “apresurado” e “improvisado” o traslado ao novo hospital e non entende como dende o Concello se facilitaron as acometidas de auga, luz e saneamento sen antes asegurarse de que as condicións de apertura e funcionamento ían ser as mínimas exixibles a calquera edificio sanitario público.

Relacionados