MAREA DE VIGO PIDE AO CONCELLO QUE CESE OS CONTRATOS CON VODAFONE SE CONTINÚA ADIANTE CO DESPEDIMENTO DE 1600 EMPREGADOS, MOITOS DELES EN VIGO.

logowebMAREA DE VIGO alerta que dos máis de 190 despidos previstos en Galicia, máis de 20 son na cidade de Vigo.

O concelleiro responsable de emprego Xose Lois Jácome defendeu hoxe que o concello de Vigo súmese ás medidas de presión que outros concellos están promovendo para impedir este novo golpe ao emprego que pretende levar adiante Vodafone e que supón a perda de máis do 13% do cadro de persoal da compañía.

MAREA pide que todos os contratos e telefonía e servizos que o concello de Vigo ten coa compañía sexan rescindidos mentras se manteña este ERE amparado en causas económicas, organizativas e produtivas absolutamente inxustificadas polos resultados económicos da compañía nestes anos.

MAREA DE VIGO sumarase ás mobilizacións e actuacións promovidas polo Comité de Empresa de Pontevedra. Consideran que mesmo o servizo que ofertan a institucións como o Concello de Vigo quedarán mermados xa que, como denuncia o comité e os traballadores e traballadoras da compañía “se reduciu tanto o persoal que a carga de traballo era inasumible polas persoas que quedaban do anterior ERE, e por iso a empresa contratou 300 persoas dende entón, sendo agora patente que coa externalización de determinadas tarefas de valor, a calidade do traballo é menor.

Relacionados