MAREA DE VIGO ESIXE QUE O CONCELLO SE FAGA RESPONSABLE DA SITUACIÓN LABORAL DO CADRO DE PERSOAL DO APARCADOIRO DA PORTA DO SOL.

Concello_de_VigoRubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, e Xose Lois Jácome, concelleiro da Marea de Vigo, expresaron hoxe en rolda de prensa, o total apoio ás e ós traballadores do aparcadoiro da Porta do Sol que actualmente atópanse nunha situación de “limbo” laboral, froito dunha pésima xestión da concesión pública por parte do Concello.

Marea de Vigo, considera inconcibible que no día de hoxe se dean este tipo de situacións nas cales un colectivo de traballadoras e traballadores se quedan “dun día para outro” sen centro de traballo, sen empresa e na absoluta incerteza respecto o seu futuro laboral sendo o responsable un ente público como o Concello de Vigo.

Marea de Vigo defende a remunicipalización do aparcadoiro, a través dunha empresa pública, onde sexa subrogado o cadro de persoal. E, no caso da non remunicipalización, a garantía da subrogación do mesmo con todos os dereitos e nas mesmas condicións laborais que tiñan ata o de agora, tal e como, xa nun acordo plenario do ano 1996 tomado por unanimidade quedaba reflectido. Acordo que o grupo municipal da Marea de Vigo cree que este goberno municipal está esquecendo, tal e como acabamos de ver na recente estreada concesión de parques e xardíns, na que o persoal se veu abocado á folga indefinida para garantir os dereitos dun grupo de traballadores da concesionaria os que non se lles estaba subrogando nas condicións establecidas.

O marxe da situación das e dos traballadores do aparcadoiro, a Marea de Vigo parécelle “curiosa” a situación das e dos usuarios do aparcadoiro, que, atopándose sen o servizo por sorpresa, suponse que o Concello lles indicou onde tiñan que ir mantendo o prezo do abono mensual. O grupo municipal da Marea de Vigo pregúntase como se está pagando esa diferenza desde o Concello, e porqué nese aparcadoiro en concreto. Seguramente a resposta a teremos no nome da nova adxudicataria do servizo.

Relacionados