MAREA considera que esos terreos deben voltar a calificación de rústicos nos delimitados sen planificación e pide ao Concello que interveña de oficio ante a oficina provincial do catastro para que centos de fincas volten a situación anterior.
MAREA DE VIGO denuncia que a revisión dos valores catastrais e tipos aplicables, están xerando un incremento importante do recibo do IBI, que se observou extraordinariamente nos terreos de chan urbanizable sectorizado, que de rústico, pasaron a tributar como urbano nas parroquias do rural vigués.
O voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, informou hoxe que “a sentenza 2159/2014 do Tribunal Supremo, Sala do Contencioso-Administrativo, da a razón a un recurso fronte a unha previa resolución do tribunal económico-administrativo daquela Comunidade Autónoma, declarando que, a efectos catastrais, os terreos urbanizables sectorizados carentes de instrumento de desenvolvemento aprobado tributarán como rústicos. Non é, nin moito menos, a única decisión xudicial favorable aos contribuíntes recaída ultimamente, pois xa outros Tribunais Superiores de Xustiza pronunciáronse en similares termos.
MAREA DE VIGO pide que o Concello de Vigo pase a intervir de oficio ante a Xerencia Territorial do Catastro en Galicia, para que, a efectos catastrais, os terreos do termo municipal de Vigo clasificados no PXOM como urbanizables sectorizados residenciais e industriais -que carezan de instrumento de plan de desenvolvemento aprobado- pasen a contribuír como bens inmobles de natureza rústica, deixando de facelo na súa inapropiada condición de urbanos, instando a tal fin os procedementos administrativos e tributarios que foran precisos.