MAREA DE VIGO DEFENDERÁ NO 2016 UNHA NOVA LEI DE ÁREA METROPOLITANA DE VIGO QUE BLINDE O MODELO DE XESTIÓN PÚBLICA DO TRANSPORTE  

pleno-rubenMAREA DE VIGO considera que os intereses dunha concesionaria privada como Vitrasa e a indefinición do modelo de transporte que propón a Xunta son os que impiden integrar o transporte local no metropolitano.
 
MAREA DE VIGO propón que o modelo de transporte sexa o sistema consorciado público vixente na área metropolitana de Barcelona: un modelo de operador público de transporte integrado.

O voceiro municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, sinalou hoxe que o debate sobre o modelo de xestión de transporte da área metropolitana comeza a ter tintes esperpénticos como a declaración do alcalde sobre a non participación de Vitrasa no transporte metropolitano, “ninguén pide que os vitrasas cheguen a Porriño”, sinalou Rubén Pérez senón que un vigués ou viguesa que traballe alí teña opción de transporte público integrado”. Nesta lexislatura remata a concesión a Vitrasa e é un bo momento para que no prego de condicións da nova concesión blíndese a obrigatoriedade da participación do transporte público vigués nos modelos de transporte metropolitano público.

MAREA DE VIGO defende un modelo análogo ao da área metropolitana de Barcelona, onde existiría un Consorcio público participado ao 51% pola Xunta de Galicia, o 25% polo Concello de Vigo e un 24% polo resto dos concellos da área metropolitana. Isto solucionaría os problemas de financiamento do servizo xa que a maior parte do financiamento sería autonómica de acordo con esa participación maioritaria no consorcio. Esta é a proposta na que traballa o grupo municipal da MAREA DE VIGO que será presentada á asamblea da mesma para a súa aprobación.

Rubén Pérez discrepa do modelo da xunta de integrar todas as concesións de transporte privado da área (máis de 11 empresas distintas) mantendo prácticamente as mesmas liñas, frecuencias e bonificando prezos, a integración do transporte metropolitano esixe que paralelamente a área asuma a xestión do transporte nas localidades pequenas mantendo exclusivamente Vigo a xestión do transporte urbano pola súa magnitude e pola diferenciación de planificación necesaria.

MAREA DE VIGO pide de novo discutir sobre o modelo de transporte metropolitano, dos motivos polos que o modelo de lei aprobada polo Partido Popular desbota a xestión pública directa do transporte e de como e cando se concretará a cesión de competencias en transporte a área.

Relacionados